AU - Axencia de Protección da legalidade urbanística

Xunta de Galicia - Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte
Inicio -> Inspección Urbanística
PDF Imprimir Correo-e
Plan de inspección

INSPECCIÓN URBANÍSTICA

As funcións de dirección e execución da actividade de inspección e control do cumprimento da normativa urbanística nos actos de edificación e uso do solo son desempeñadas por funcionarios das escalas de inspección e de subinspección urbanística creadas pola Lei 15/2004, do 29 de decembro.

Os inspectores urbanísticos desenvolven as funcións de dirección e execución da actividade de inspección e control do cumprimento da normativa urbanística e instrúen os procedementos de disciplina urbanística e os procedementos sancionadores por infracción da Lei de costas.

Os subinspectores urbanísticos desenvolven as funcións de execución da actividade de inspección e control do cumprimento da normativa urbanística, inspeccionan as obras e investigan os feitos que poidan ser constitutivos de infracción urbanística ou de infracción da Lei de costas.

Os inspectores e os subinspectores, no exercicio das súas funcións, teñen a consideración de axentes da autoridade e están capacitados, con este carácter, para requirir e examinar toda clase de documentos relativos ao planeamento, para comprobar a adecuación dos actos de edificación e uso do solo á normativa urbanística aplicable e para reclamar de todas as partes relacionadas con calquera actuación urbanística e dos colexios profesionais e calquera outro organismo oficial con competencia na materia canta información, documentación e axuda material precisen para o adecuado cumprimento das súas funcións.

Están autorizados para entrar e permanecer libremente e en calquera momento en predios, construccións e demais lugares suxeitos á súa actuación inspectora.

Os feitos constatados polos inspectores e subinspectores no exercicio das competencias propias en materia de disciplina urbanística gozan de valor probatorio e presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que en defensa dos respectivos dereitos poidan sinalar ou achegar os propios interesados.

Para o acceso á escala de inspección urbanística é necesario estar en posesión do título de licenciado en dereito ou de arquitecto superior e superar o correspondente proceso selectivo: descargar orde do 28 de decembro de 2007

Para o acceso á escala de subinspección urbanística é necesario estar en posesión do título de arquitecto técnico ou de enxeñeiro técnico de obras públicas e superar o correspondente proceso selectivo: descargar orde do 25 de abril de 2008

TARXETAS DE ACREDITACIÓN