AU - Axencia de Protección da legalidade urbanística

Xunta de Galicia - Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte
Inicio -> Inspección Urbanística -> Plan de Inspección
PDF Imprimir Correo-e

PLAN DE INSPECCIÓN

O consello executivo da Axencia, na súa reunión do 14 de decembro de 2009, aprobou o Plan de inspección urbanística para o ano 2010 que programa e coordina a actuación dos servizos da Axencia para mellorar a calidade e a eficacia no exercicio das súas funcións e para garantir a obxectividade e imparcialidade da súa actuación.

Os obxectivos principais do Plan de inspección urbanística son:

  1. promover o dereito dos cidadáns a un medio urbano e rural adecuado para o desenvolvemento da persoa, consonte o disposto no artigo 45 da Constitución, na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e na Lei 22/1988, de costas;
  2. evitar que se leven a cabo, sen a preceptiva licenza urbanística municipal ou sen a autorización autonómica exixida na LOUG ou na Lei de costas, obras de construcción de novas edificacións ou de reconstrucción, rehabilitación ou ampliación das existentes;
  3. colaborar activamente cos concellos de Galicia no obxectivo común de velar polo cumprimento da normativa e do planeamento urbanístico;
Descargar o Plan de Inspección Urbanística para o ano 2010