AU - Axencia de Protección da legalidade urbanística

Xunta de Galicia - Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte
Inicio -> A Axencia
PDF Imprimir Correo-e
A Axencia

A AXENCIA

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística é un instrumento organizativo de colaboración da Consellería de  Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e dos concellos, para mellorar a calidade da ordenación urbanística e poñela ao servizo de todos os cidadáns.

O solo - o territorio- é un recurso natural escaso, non renovable e extraordinariamente valioso que da soporte físico á vida, aos asentamentos de poboación, aos centros de producción de bens e servizos e a todas as actividades humanas.

Todos os cidadáns, sexan ou non propietarios do solo, teñen dereito a un medio urbano e natural adecuado para o desenvolvemento da persoa. Por esta razón, cómpre:

  • Utilizar os recursos naturais -aire,auga e solo- con racionalidade, con intelixencia e con prudencia.  
  • Mellorar a cohesión social e a calidade de vida dos cidadáns, favorecendo a promoción de vivendas  asequibles en entornos amables e   dotados de infraestructuras, equipamentos e espazos públicos suficientes e adecuados.
  • Protexer e poñer en valor o patrimonio natural e cultural e a riqueza paisaxística dos espazos naturais e do litoral, que constutúen elementos esenciais da identidade de Galicia.


Son membros da Axencia a Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e os municipios que voluntariamente se integren nela:

Relación de concellos integrados na Axencia

A Axencia está adscrita organicamente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio