AU - Axencia de Protección da legalidade urbanística

Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Inicio
PDF Imprimir Correo-e
III CONGRESO APLU: “DISCIPLINA URBANÍSTICA: UNHA PERSPECTIVA GLOBAL”

Dende a APLU cremos na formación como motor do cambio para implantar unha nova cultura, a cultura do respeto polo territorio e pola paisaxe. A organización deste III Congreso enmarcase dentro deste ambicioso obxectivo, tentando obter respostas a problemas comúns, dende perspectivas moi distintas.

Neste Congreso daranse cita compañeiros e compañeiras de diversos ámbitos (persoal ao servizo das distintas Administracións Públicas, Universidades, xuristas, profesionais do ámbito da arquitectura e enxeñerías, e interesados en xeral) para abordar cuestións de importancia e actualidade como a protección da costa, a disponibilidade de recursos hídricos, o crecemento sostible, a aplicación das novidades lexislativas en materia de procedemento administrativo, e, en definitiva, valorar a implantación de medidas para superar a insdisciplina urbanística. Temas que consideramos de interese en calquera punto da xeografía española, tanto polo seu contido como pola súa evidente actualidade.

O III Congreso “Disciplina Urbanística: unha perspectiva global”, se desenvolverá no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela os días 15 e 16 de xuño de 2017, no cal participarán expertos de recoñecido prestixio.

Para máis información pode dirixirse ao enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou ao teléfono 981 544 325.

As prazas están limitadas ao aforo do local.

A matrícula é gratuíta. O prazo para inscribirse estará aberto dende o día 21 de abril ata as 15 horas do día 13 de xuño de 2017 e debe realizarse no seguinte enlace:

Formulario de inscripción

Programa do III Congreso APLU "Disciplina Urbanística: Unha Perspectiva Global"

Normas para a presentación de comunicacións

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017 pola que se convoca o III congreso da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística denominado Disciplina urbanística: unha perspectiva global