AU - Axencia de Protección da legalidade urbanística

Xunta de Galicia - Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte
Inicio
PDF Imprimir Correo-e

PRESENTE E FUTURO DO URBANISMO ESPAÑOL

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ten encomendada a función de control e disciplina urbanística na Comunidade Autónoma de Galicia. Para levar a cabo este labor, a APLU realiza accións formativas de interese xeral tanto para os profesionais na materia urbanística coma para a cidadanía en xeral, co propósito de que as medidas para loitar e evitar os ilícitos urbanísticos non sexan só represivas senón tamén preventivas, cumprindo a formación e difusión unha das nosas principais liñas de acción.

Neste senso, a APLU, en colaboración ca Escola Galega de Administración Pública (EGAP), ca Dirección Xeral de Administración Local e co Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público organizan este curso, que se desenvolverá en Santiago de Compostela os días 6 e 7 de xuño de 2016, no cal se contará con expertos de recoñecido prestixio nesta materia.

Para máis información e matrícula pode consultar o seguinte enlace
http://egap.xunta.es/fichacurso/index/CV16017