AU - Axencia de Protección da legalidade urbanística

Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Inicio -> Inspección Urbanística -> Ordes de demolición executadas
PDF Imprimir Correo-e

ORDES DE DEMOLICIÓN EXECUTADAS.

As edificacións ilegais e ciscadas polo territorio causan perxuizos para todos os cidadáns porque:

  • Consumen solo -que é un recurso natural, escaso e non renovable-
  • Degradan a paisaxe, a natureza e os terreos productivos
  • Incrementan a mobilidade froito de dispersión, dificultando a xestión do transporte público e provocando problemas de conxestión, contaminación e custosas infraestructuras
  • Encarecen o custo de xestión e mantemento dos servizos básicos que temos que soster entre todos os cidadáns co pago dos impostos
  • Eluden a participación da comunidade nas plusvalías xeradas pola acción urbanística dos deberes de cesión do solo para dotacións públicas, de execución das obras de urbanización, e de xusta distribución de beneficios e cargas entre os propietarios. 
     
Os intereses xerais -que esixen a utilización racional do solo para satisfacer as necesidades de todos os cidadáns e a participación da comunidade nas plusvalías xeradas pola actividade urbanística- deben prevalecer sobre os intereses particulares dos infractores.

 

VÍDEOS DE
DEMOLICIÓNS
 

REPORTAXE
FOTOGRÁFICA